top of page
Páxina oficial do autor
como.jpg

Como escorrentar
 un lobo

Xa na túa libraría!

Biografía

Antonio M. Fraga é un escritor galego nado en Nogueirosa (Pontedeume) en 1976.

Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol, mais a vida teimaría por levalo cara ao eido das letras.

Xa asentado no coruñés barrio de Monte Alto, en 2013 gaña o X Certame de microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña e o Premio Merlín coa obra O Castañeiro de Abril (Xerais).

Posteriormente publica outros títulos dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil, tales como Xildas (Sushi Books), Tártarus (Xerais) ou O capitán Maimiño (Tambre-Edelvives).

En 2015 gaña o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica coa novela Querido H.P. Lovecraft (Urco Editora), obra pola que consegue tamén o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017.

Con O bestiario científico de Anxos Nogueirosa obtén en 2018 o I Premio "María Victoria Moreno" de Literatura Xuvenil. Xa en 2019 este título acada o premio da Gala do Libro Galego á mellor obra xuvenil.

En 2020 acada o premio Jules Verne de Literatura Xuvenil coa obra santoamaro (Xerais), incluído no catálogo The White Ravens dese mesmo ano.

Algúns dos seus títulos foron traducidos a idiomas como castelán, inglés, catalán ou eúscaro.

About
Libros

Papá caníbal

Como escorrentar un lobo

santoamaro

My Books

Escaquis e Romeu

O Castañeiro de Abril

O Bestiario Científico de Anxos Nogueirosa

COMO ESCORRENTAR UN LOBO

Velaquí unha proposta literaria do máis recomendable. Unha nova confirmación de que o autor sabe crear universos cheos de maxia, fantasía escura e entretemento, ademais cun aquel de universalidade e pouso histórico.

Miguel García-Fernández - Lectureo

Press
Axenda
como.jpg

Presentación do libro:

Como escorrentar

un lobo

Ficade atentas, axiña confirmaremos hora e lugar!!!

Events
Contact
bottom of page