top of page
Páxina oficial do autor
papa canibal.jpg

Papá caníbal

Xa na túa libraría!

antonio_manuel_fraga_premio_jules_verne_
Biografía

Antonio Manuel Fraga é un escritor galego nado en Nogueirosa (Pontedeume) en 1976.

Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol, mais a vida teimaría por levalo cara ao eido das letras.

Xa asentado no coruñés barrio de Monte Alto, en 2013 gaña o X Certame de microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña e o Premio Merlín coa obra O Castañeiro de Abril (Xerais).

Posteriormente publica outros títulos dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil, tales como Xildas (Sushi Books), Tártarus (Xerais) ou O capitán Maimiño (Tambre-Edelvives).

En 2015 gaña o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica coa novela Querido H.P. Lovecraft (Urco Editora), obra pola que consegue tamén o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017.

Con O bestiario científico de Anxos Nogueirosa obtén en 2018 o I Premio "María Victoria Moreno" de Literatura Xuvenil. Xa en 2019 este título acada o premio da Gala do Libro Galego á mellor obra xuvenil.

En 2020 acada o premio Jules Verne de Literatura Xuvenil coa obra santoamaro (Xerais), incluído no catálogo The White Ravens dese mesmo ano.

Algúns dos seus títulos foron traducidos a idiomas como castelán, inglés, catalán ou eúscaro.

About
Libros

Papá caníbal

Querido H.P. Lovecraft

santoamaro

My Books

Escaquis e Romeu

O Castañeiro de Abril

O Bestiario Científico de Anxos Nogueirosa

QUERIDO H.P. LOVECRAFT

Sente un, ao ler este Querido H. P. Lovecraft, a música melancólica que compón o bater continuo das teclas dunha marabillosa Underwood que golpea Howard sen cesar. Grazas por facelo posible.

Ramón Nicolás - Caderno da Crítica

Press
Axenda
cartaz paseos literarios 2.png

Paseos pola Coruña Literaria

16 de outubro, ás 12:00 h:

Un roteiro sensitivo cara a santoamaro

-Destinados a persoas de 12 anos en adiante.

-As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal desde o luns 11 de outubro.

Events
Contact
bottom of page